Sábado. 07.12.2019
El tiempo

Piden máis información sobre o proxecto mineiro de Isabela II a unha semana do peche do prazo de alegacións

Piden máis información sobre o proxecto mineiro de Isabela II a unha semana do peche do prazo de alegacións
Plano 1 mina Isabella II Pincha na imaxe para ampliar o Plano da Mina Isabela II Comeza a mobilizarse a comunidade comprometida ca terra de todo o país contra a nova ameaza mineira. A aprobación do permiso de investigación para as zonas chamadas Isabela II e Livia obriga a estar moi atentos ás xentes dos concellos de Coristanco (parroquia de Cuns), e de Zas, Vimianzo e Santa Comba. 17 entidades conservacionistas e dous partidos políticos xa alzaron a voz contra este proxecto. A cousa “non vai de farol”, aseguran, pois xa contan con 550.00o€ para investir na investigación durante os primeiros tres anos para, entre outras cousas, realizar 34 sondaxes directas, 100 catas e numerosas rozas na procura de minerais como o ouro. Ademais aseguran na documentación do proxecto que teñen un plan máis amplo denominado "Proxecto Zas-Santa Comba”, os dous concellos máis afectados.

Remata o prazo para presentar alegacións. E a información?

Mentres o goberno do PP aproba en solitario a nova Lei do Solo, que entrará en vigor nun mes é que permitirá pasar de solo rústico a industrial con gran facilidade, os Concellos da zona aínda están recibindo a documentación. Queda pouco tempo para presentar alegacións (ata o 19 de febreiro) e fai falta moita información, batendo de novo coas mesmas pantasmas de oscurantismo que o derribado proxecto de Corcoesto. É por iso que as asociacións da volta se ofrecen para informar aos veciños e para presentar alegacións conxuntamente. É o caso de Contramínate Laxe, ou do Petón do Lobo, dende onde nos contan que xa houbo xentes de Zas e de Santa Comba que se puxeron en contacto a nivel particular. De feito, Petón do obo xa presentou alegacións, cun completo informe resaltndo a importancia da afección das calicatas e sondeos aos recursos hídricos, xa que logo, o proxecto da empresa non concreta a localización exacta dos sondeos e non existen os estudios xeotécnicos e hidroxeolóxicos que garantan a non afección a mananciais, fontes de auga,...etc.  

17 entidades unidas

 

Novas relacionadas

Fonte 

Comentarios