Venres. 03.05.2024
El tiempo

O renovado BNG de Cabana pide deslocalizar e aumentar o horario do programa de conciliación estival

Imaxe dun mitin do BNG de Cabana
O renovado BNG de Cabana pide deslocalizar e aumentar o horario do programa de conciliación estival

O novo BNG de Cabana, despois dos bos resultados nas eleccións municipais e como líderes da oposición, ponse xa ao traballo, solicitando melloras no programa de conciliación Cabana Meniñeiro. 

O grupo de Tatiana Rellán, despois de escoitar ás familias, considera que "o programa non cumpre en todos os casos co seu obxectivo, nomeadamente polo horario de 10:00 a 14:00 horas e pola súa localización espacial nun dos extremos xeográficos do Concello".

Piden que o horario se adecúe ao do colexios, empezando ás 9:00h, e piden que haia máis lugares onde se desenvolva o programa, ofrecendo a posibilidade de desdobrarse, por exemplo, nas instalacións do CRA Os Remuiños.

"Dende este grupo somos moi conscientes da dificultade de reorganizar este programa con tan pouco tempo, pero sabemos que si é perfectamente posíbel, sobre todo porque o mesmo está externalizado a unha empresa que leva anos", apuntan.

Comentarios