Martes. 23.04.2024
El tiempo

Riobó regresou ao Medievo

medievio_riobo130 copia
As vodas medievais son un dos momentos da festa
Riobó regresou ao Medievo

Unha das festas máis esperadas das parroquias do interior de Bergantiños e Soneira é a ‘Tarde-Noite no Medievo’ de Riobó. A singular aldea cabanesa volveu engalanarse de época este pasado sábado, cunha xornada repleta de actividades lúdicas e culturais.

medievio_riobo39 copia

A xornada deu comezo coa camiñada ata a Torre da Penela e a posterior escenificación “Terra de raíñas” a cargo do grupo Os Quinquilláns. A saída efectuarase diante da igrexa co grupo musical Os Repichocos.

Durante toda a tarde, os asistentes puideron gozar de paseos a cabalo, dos xogos tradicionais do Museo Etnolúdico de Galicia, degustación de receitas, exposicións e mostras artesanais e ao vivo, ou a actuación do meigho Yago Espasandín, mentres que a animación musical veu dada da man de O Son de Cabana, O Son do Castro, As Cantareiras de Riobó, Os Farrapos, Os Repichocos e o grupo de danza tradicional Inllar.

A continuación, Irma Macías, vocalista da agrupación Luar na Lubre, leu e pregón e acto seguido tivo lugar unha das actividades máis agardadas, as prevodas medievais, que este ano contaron cun dúas parellas que se deron o ‘sí’, de xeito oficioso, no altar de Riobó.

medievio_riobo140 copia
As dúas parellas casamenteiras

Tras a realización dos enlaces, ‘A pitanza do santo’, serviu para repoñer forzas antes do espectáculo de Animacreques Catropés e dos concertos de Arredores e A banda da Balbina.

medievio_riobo41 copia
Fermosa ambientación na aldea medieval de Riobó

Comentarios