Sufocan un incendio nun cobertizo pegado á Parrillada A Pedra
Os Bombeiros de Carballo, os do GES de Ponteceso, a Garda Civil a Garda Civil Tráfico e o 061, tiveron que desprazarse esta mañá de domingo a Nantón (Cabana), para sufocar un incendio nun cobertizo pegado ao restaurante A Pedra, na estrada AC-552.
Os Bombeiros sufocaron o incendio no galpón, e procederon iniciar unha ventilación forzada co ventilador de presión posiva. Fixose a ventilación da zona de comedores, cociña e bar e despois da zona donde se iniciou o incendio.
Unha traballadora do restaurante tivo que ser atendida polo 061 debido a unha queimadura sufrida ao intentar apagar o lume. O incendio danou material almacenado no falso teito do coberzo , os motores das cámaras frigorificas, instalación eléctrica e o resto do local veuse afectado polo fume.
Eran as 13:30h cando daban por rematado o operativo.