A traballadora municipal Milagros García Bermúdez recibiu unha merecida homenaxe logo de case medio século de traballo
15:25 02/12/22
Se este sábado a homenaxeada será Matilde Vilariño, a protagonista deste venres foi María de los Milagros García Bermúdez. Recentemente xubilada logo de exercer como auxiliar administrativa no Concello de Cabana desde xaneiro do ano 1972, foi despedida recentemente polos seus compañeiros e compañeiras de traballo nunha comida coa que se recoñeceu o seu extenso traballo.
No acto, que non puido celebrarse con anterioridade por mor da pandemia, puxéronse en valor os case cincuenta anos de dedicación e destacouse a súa vocación “sempre en favor de Cabana e a súa veciñanza”