Sábado. 14.09.2024
El tiempo

Trece concellos súmanse ao programa de Envellecemento Activo da Deputación

Trece concellos súmanse ao programa de Envellecemento Activo da Deputación
Actividades para maiores en Ponteceso. Imaxe de arquivo Actividades para maiores en Ponteceso. Imaxe de arquivo Nunha bisbarra na que a poboación maior de 85 anos supera á infantil, todos os programas destinados a mellorar a calidade de vida deste grupo poboacional son benvidos. Así, un total de trece concellos da Costa da Morte - xunto con outros 72 da provincia da Coruña - contarán durante o ano 2016 con programas de envellecemento activo destinados ás persoas maiores grazas ao apoio económico da Deputación da Coruña, que destina un 258.000 euros a financiar este programa. Os concellos beneficiarios da bisbarra, que recibirán 3.000€ cada un - son Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas. Con este programa, a Deputación pretende apoiar aos concellos na creación ou mantemento de actividades enfocadas a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas maiores, promovendo actuacións destinadas a evitar o seu deterioro físico e psíquico e evitando procesos de illamento e exclusión social. Entre as actividades incluidas nas propostas municipais figuran programas de estimulación cognitiva, ximnasia ou musicoterapia; cursos e accións formativas destinadas aos maiores que promovan espazos de encontro e programas de convivencia interxeneracional, como escolas de avós, ou obradoiros de recuperación de xogos tradicionais e de recuperación da memoria histórica da zona. Novas relacionadas Fonte 

Comentarios