Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un accidente deixa unha persoa feridas en Canduas

Un accidente deixa unha persoa feridas en Canduas
Cruce da estrada de Ponteceso-Laxe coa de Baio O accidente aconteceu no Cruce da estrada de Ponteceso-Laxe coa de Baio

Era a 13:20h cando Urxencias Médicas tiña que acodir ao lugar das Agrelas, na parroquia de Canduas (Cabana), para atender un accidente. Tratábase dunha colisión por alcance, xusto no cruce entre a estrada de Ponteceso a Laxe coa saída cara Baio, en fronte do Restaurante San Martín.

Era Protección Civil de Cabana a primeira en chegar ao lugar, seguida da Garda Civil de Tráfico de Corcubión, o 062 e o Ges de Ponteceso.

Finalmente a única persoa que resultou ferida foi a condutora do coche de diante, que ficou sentada no vehículo durante un rato, aconsellada polos membros de seguridade, pois se atopaba nerviosa e tiña dolor no costado ocasionado polo pretensor do cinto de seguridade.

Finalmente puido saír e foi trasladada a un centro hospitalario.

Fonte

Comentarios