Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha #AxendaCostadaMorte de naufraxios, festas, música e teatro

Unha #AxendaCostadaMorte de naufraxios, festas, música e teatro
Axenda Costada Morte 10-11-2018 3 Nova fin de semana cargada de actividades que nos obrigan a saír da casa e loitar contra o tempo. A #AxendaCostadaMorte desta fin de semana de 9, 10 e 11 de novembro trae, ademais das habituais propostas outonais de teatro e música, varias actividades singulares. En todo caso, o mal tempo adiou a celebración da fin de semana de Naufraxios de Camariñas, que se celebrará entre o 16 e o 18 deste mes. Pero, en principio e se non se acaban suspendendo, teremos festas, o festival Live in Cances, unha feira comercial e moitas exposicións abertas que nos servirán de perfecta excusa.  

Parte de Meteogalicia: Nova borrasca

Despois do complicado temporal que pasamos esta semana, chega unha nova fin de semana pasada por auga. Meteogalicia avísanos xa que imos ter, durante este vernews varias Alertas activadas de 12:00h a 0:00h, pois haberá aviso laranxa por ventos de máis de 100km/h; e aviso laranxa por chuvia. Ademais, no mar estaremos entre alerta amarela e laranxa durante toda a fin de semana. Quedan así suspendidas todas as actividades ao aire libre, segundo confirmaba a Xunta. Concretando, o venres sufriremos o paso dunha fronte moi activa, cun escenario moi semellante ao do pasado martes: pola mañá irase complicado pouco a pouco a cousa, aumentando a chuvia e vento, e dende as 12:00h xa sufriremos toda a forza do temporal ata ben entrada a noite. O sábado a situación mellora, quedarán chuvias intermitentes, con apertura de claros, con algo menos de vento, e de feito poderemos disfrutar das actividades ao aire libre. Pero o domingo volve empeorar a situación, con chuvias algo máis persistentes, sobre todo nas horas centrais do día.  

Homenaxe ao Serpent

Se ben o Concello de Camariñas adiou para a vindeira fin de semana todas as actividades arredor dos naufraxios por mor do temporal, a Real Liga Naval Española non quixo facer o propio coa emotiva homenaxe ao Serpent, e convoca a todos os amantes dos naufraxios á simbólica cita que ten cada 10 de novembro, a partir das 21:00h, no incomparable marco do Cemiterio dos Ingleses.

Live in Cances

Unha das citas musiqueiras que esperan todos os rockeiros de Bergantiños é o Live in Cances, que devolven o protagonismo para os grupos locais. Estarán no escenario Versión Imposible, Lowcos (que volven tocar despois de varios anos parados), Dude e Psycophonia.

Vai de festas

- As Festas de Vilaseco deixan un sábado completo. - As Festas de San Martiño de Lariño traerán moita música o sábado e o domingo. - As Festas de San Martiño de Carantoña chegan a Vimianzo tamén o sábado e o domingo.

Cine, música e Teatro

- Proxección de Noetiña en Cee: Este venres 9 de novembro, o filme rodado na zona sobre o traballo da muller do mar, proxectarase no Salón de Actos ás 20:15h. - A Mostra de Teatro de Malpica trae para este venres Sopa de Sapo, de Talía Teatro. Ás 20:30h no Centro Cívico. - O programa de Teatro de Outono de Vimianzo trae a visita de Rendrum Teatro o sábado ás 21:00h. - O XXV Ciclo de Teatro de Ponteceso chega este sábado ás 22:30 cos Fillos do Sol, de Contraproducción no Edificio das Escolas. - O Novembro de Música de Carballo déixanos para este sábado un concerto con música tradicional, o Sons de Aquí. - O Celme Café segue ca súa programación co concerto da Banda Delaostia para este sábado noite.

Feira de Outono de Santa Comba

A fin de semana de 9, 10 e 11 de novembro chega cargada a Santa Comba. A ASociación Costavales ultima os preparativos para a Feira de Outono, que encherá o Recinto Feiral con máis de 50 expositores de sectores coma artesanía, comercio, automoción, gastronomía e hostalería.

Outras citas

- As Conversas no LuscoFusco de Senda Nova traen ás 19:00 ao Espazo de Natureza de Oza unha charla con Evaristo Domínguez Rial sobre megalitismo. - Cabana acolle a presentación do libro Poemas que non foron ó lume, de Matilde Vilariño, para este sábado ás 17:00h. Posteriormente, farán ademais unha sesión de foliada na Taberna do Xastre de Beres. - O Casino de Carballo acolle este venres a presentación do libro de viñetas Dinamitadas, a partir das 21:00 - Mazaricos acolle unha charla sobre inmigración, a cita o venres ás 20:00 na Casa da Cultura da Picota. - Corme celebra o seu popular magosto o sábado a partir das 18:00h na praza do Pan. - O Outono en Marcha de Senda Nova lévanos de ruta polas Terras do marquésd e Carballo. - Baio celebra unha ruta dos Pinchos e unha tarde sabatina de magosto terrorífico.

Exposicións

  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. Estes días ten aExposición do naturalista Víctor López Seoane nas Torres do Allo; onde ademais hai a programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A tenda turística Stoupa acolle a exposición trasna de Teresa Candal durante estes meses de outubro e novembro.
 

Toda a información debullada na #AxendaCostadaMorte

 

Comentarios