A veciñanza de Riobó, a alma da Noite no Medievo

A verdade é que a aldea dáse moi ben para unha feira medieval”. Téñeno claro na pequena aldea cabanesa de Riobó (un dos nosos Recunchos da Costa), que estes primeiros xoves e venres de agosto engalanan o lugar para a festa máis importante no ano. Dende hai 14 anos celebra a parroquia de Riobó a “Noite no Medievo”, e son os veciños e veciñas os principais armadanzas desta singular festa.
Pendóns, mesas de madeira, a filloeira, os principais postos… o 90% da festa é armada pol@s veciñ@s, os 7 que viven sempre no lugar, e máis os que veñen fins de semana e verán a disfrutar desta aldea gala, ademais dalgún veciño doutros lugares da parroquia como A Mata. Xa teñen preparados os 900 litros de cervexa, os 300 kgh de churrasco, e preparada a masa das famosas filloas do lugar.
A festa desenvolverase entre ás 18:00h deste sábado 5 de agosto ata ben entrada a madrugada, cun completo programa de actividades musicais e teatrais (gracias á colaboración municipal, que tamén difunde como propia a festa), e uns 15 postos de artesanía ben escollidos.
Esperan que sexa unha fermosa noite, con 4 prevodas medievais e moita autencidade.
Máis info