Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Xosé Regueira encabeza a renovación do BNG de Bergantiños

Xosé Regueira encabeza a renovación do BNG de Bergantiños
Xose Regueira novo voceiro do BNG Bergantinos Xose Regueira novo voceiro do BNG Bergantiños

Tiña cita importante a asemblea comarcal do BNG de Bergantiños o pasado venres. A orde do día incluía a renovación do Consello Comarcal, e a equipa aprobaba por unanimidade a candidatura liderada por Xosé Regueira, actual concelleiro de Promoción Económica de Carballo e responsable de Cooperación, Plans provinciais xerais, Asistencia a municipios, Turismo e Patrimonio histórico-artístico na Deputación da Coruña.

Regueira, abalado por unha longa experiencia e capacidade de xestión, pediu “compromiso” á militancia ao tempo que sinalou que o camiño é “abrir a organización á sociedade bergantiñá para iluisonar á cidadanía”.

Segue o BNG, a nivel estatal, en profunda renovación, co proceso “Adiante” como folla de ruta, “un proceso de refundación que ten como obxectivos, a un ano vista, a actualización do discurso do proxecto do BNG, a recuperación do pulso social e o ensanchamento da base social do nacionalismo”.

Xosé Regueira presentou unha candidatura paritaria, con representación dos diferentes concellos bergantiñáns e cun importante peso específico de Carballo. Como consecuencia, a composición do consello comarcal do BNG é a seguinte:

  • Xosé Regueira, portavoz.
  • Xulia Mira, viceportavoz.
  • Benedito Viña, responsable de finanzas.
  • Maica Ures, responsable de muller.
  • Marcos Trigo, responsable de organización.
  • Zaira Caamaño, responsable de mocidade.
  • David Rodríguez, responsable de política medioambiental.
  • Inés Rodríguez, responsable de política municipal.
  • Xoán Sande.
  • Carolina Castiñeiras.
  • Paco Souto.
  • Begoña Moscoso.
  • David Cancela.
  • Lucía Veciño.
  • Carlos Penedo.
BNG de Bergantinos

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios