Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Ofrecen unha expedición botánica para coñecer a vexetación cabanesa

visita ornitoloxica por Cabana
Ofrecen unha expedición botánica para coñecer a vexetación cabanesa
Interesante proposta a dunha expedición botánica para o sábado 4 de maio no Concello de Cabana. Baixo o título ‘Descubre os segredos das nosas árbores’, realizarán un roteiro desde a Capela do Briño ata o Monte Castelo, con diversas paradas para contemplar e analizar a flora da zona.

A saída, que está prevista para dar comezo ás 17:00 horas, pretende que os veciños e veciñas poidan aumentar o seu coñecemento sobre a botánica da zona á vez que gozan dunha andaina ao aire libre.

A expedición non está dirixida unicamente a aquelas persoas que teñan un interese na botánica senón que pode ser unha oportunidade para afeccionados a outras actividades como a fotografía, o debuxo, o sendeirismo ou mesmo a medicina natural.

O prazo para inscribirse nesta actividade remata o venres, 26 de abril. Esta solicitude pode realizarse vía telefónica, no 981 754 020 ou no departamento de Cultura do Concello de Cultura.

Comentarios