28 coleccións no novo Concurso de Deseñadores Noveis do Encaixe de Camariñas

Xa queda pouco para a nova Mostra do Encaixe de Camariñas, e un dos seus claros motores internacionais é o Concurso de Noveis Deseñadores, que este ano vai poa XXIV edición, polas 27 edicións dunha Mostra que, lembren, se celebrará do 12 e 16 de abril, durante as vacacións de Semana Santa.

Xa son 28 as coleccións participantes, de autores de diversos lugares de Galicia, Portugal e do resto de España. A cifra de participantes é similar á das últimas edicións, xa que este certamen alcanza un gran éxito en todas as convocatorias.

O ganador deste concurso obterá un premio de 2.100 euros; o segundo clasificado, 1.200 euros, e o terceiro, 600 euros. Tamén haberá un premio especial do público para a mellor colección dotado con 600 euros.

Encaixe na Coruña

Palilleiras de Camariñas no Marineda City

Estes días o centro comercial Marineda City acolleu unha exposición do Encaixe dentro do proxecto “Son de Campo” que organiza a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia. Dúas palilleiras da Asociación Rendas de Camariñas realizan demostracións en vivo desta artesanía e tamén pódense ver distintos produtos nunha exposición como un traxe de bautizo, panos, abanicos, chales…

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Camariñas