Luns. 16.09.2019
El tiempo

3 proxectos culturais con semente da Costa da Morte recuperan auténticas historias de igualdade

3 proxectos culturais con semente da Costa da Morte recuperan auténticas historias de igualdade
O “I Premio Luísa Villalta pola Igualdade” serve de Concurso de ideas para promover proxectos culturais en clave de Igualdade. E das 10 propostas gañadoras, 3 teñen semente da Costa da Morte.

”A Nena Azul”

A nena Azul Fotograma de A nena Azul Estivo grabando na Costa da Morte, Sandra Sánchez, para crear “A nena azul. Mulleres que contan. Narrativas femininas do eu a través da cámara”. Un filme dirixido por unha muller, escrito por dúas mulleres, filmado por outra muller e protagonizado por unha nena. Este filme de 25 minutos de duración narra a historia de crecemento e configuración dun "eu" feminino e dun imaxinario alleo as convencións e estereotipos instaurados. As autoras rematarán a curta e iniciarán un proceso de presentación no territorio no que foi concibido, a Costa da Morte, cunha serie de obradoiros prácticos coas mulleres da comarca que aprenderán a contarse a través da cámara. Aínda que o casting se fixo na Costa da Morte, e a rodaxe en Camariñas, na praia de Reira e en Santa Mariña, as nenas protagonistas son Carla Díaz e Lucía González, de Arteixo e Cambre. E o actor é Sergio Zearreta, vello coñecido dos Crebisnky. Contan con 20.000€ outorgados polo premio, que non deixarán só para a peli (que xa están en proceso de postprodución), pois xa están pensando nunha serie de actividades en distintas localidades da Costa da Morte para institutos e concellos. Rodaxe de A Nena Azul con Sandra Sanchez Imaxe da rodaxe en Reira de A Nena Azul con Sandra Sánchez

”As Mulleres e o mar. Traballadoras invisibles na Costa da Morte"

Socialdocs S.L. contará con 16.000€ para rematar este documentario que pretende amosar como o xénero inflúe na participación das mulleres nas actividades pesqueiras e como isto repercute na súa vida familiar, participación social, na súa saúde. Seguindo un estudo realizado pola facultade de Ciencias da Saúde da UdC o documentario abordará a influencia das desigualdades de xénero nas ocupacións das mulleres que se adican a actividades pesqueiras na Costa da Morte. O proxecto aínda está en fase de creación do guión.

”Elisa e Marcela. A historia que parece conto”

Elisa e Marcela-A Panadaria Imaxe do espectáculo da Panadaría de Elisa e Marcela Xa nos falou Miro Villar dunha obra teatral contra a lesbofobia no distrito de Corcubión en 1901. “Elisa e Marcela” é unha historia con historia, que vai recuperar A Panadaría, nunha homenaxe a estas dúas mulleres que cambiaron o seu tempo. Dúas mulleres que conseguían casar o 8 de xuño de 1901 na Igrexa de San Xurxo da Coruña, nunha cerimonia para a que Elisa ten que transformarse en Mario. O espectáculo convértese no primeiro da historia do teatro galego en abordar a temática lésbica de xeito explícito. Un produto cultural cargado de activismo en prol da igualdade e unha reivindicación da recuperación de dúas mulleres galegas revolucionarias no seu tempo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios