martes. 09.06.2026
El tiempo

30 cociñeiros Michelín do colectivo Estrelas do Camiño visitaron Camariñas

Estrelas no Camino en Camarinas
30 cociñeiros Michelín do colectivo Estrelas do Camiño visitaron Camariñas

O colectivo Estrelas do Camiño, que coordina Casa Barqueiro, visitou esta mañá de luns 8 de xuño Camariñas, no marco dun encontro encontro promovido por Turismo de Galicia. O colectivo, formado por 30 cociñeiros e cociñeiras con Estrella Michelin de Galicia, que participan no 12ª edición do evento Estrelas no Camiño, visitou Stolt Sea Farm e o Faro Vilán.

Despois de visitar as instalacións de Stolt Sea Farm (a empresa está colocando o seu rodaballo como produto groumet xa en moitas liñas) desfrutaron dun ágape, cortesía de Galicia Calidade, na sala da Asociación de Empresarios de Camariñas, cunha selección de
produtos certificados pola marca de garantía Galicia Calidade, da man do equipo do Semáforo de Fisterra.

Nesta ocasión as empresas participantes na degustación foron Conservas A Rosaleira, Maricos Alumar, Artesa Despensa Atlántica, Confitería Cerviño, Kiwi Atlántico, La Central Heladera, Pementos Carmucha, Puerto de Celeiro, Queixería Barral, Quesos Feijoo, Rosa de los Vientos, Santo André, Torre de Núñez, A Coroa, Altos de Toroña, Auga Vella, Cabreiroá, Estrella de Galicia, Finca Mílara, Grupo Reboreda Morgadío e Via Atlántica.

Os chefs recibiron un agasallo moi especial por parte de Stolt Sea Farm, un rodaballo feito de encaixe de Camariñas.

Estrelas no Camino en Stolt Sea Farm
Estrelas no Camino en Stolt Sea Farm

Comentarios