De novelas e pintura no Faro Vilán
Foi unha esta fin de semana axetreada no Faro Vilán de Camariñas. I é que a Asociación de Empresarios do Sector Turístico de Camariñas, ademais de formarse, segue convertindo o Faro nun epicentro cultural.
De novela
A fin de semana arrincou o venres coa presentación da novela "Costa do Solpor" de Xosé María Lema Suárez, acompañado na presentación por Carmen Pérez (percebeira de Camelle e membro do Club Arao de Lectura da Ponte do Porto), a Presidenta da Asociación de Empresarios e de Promoción turística de Camariñas, representación do concello de Camariñas e preto dunha trintena de asistentes que compartir impresións sobre a novela e se proxectaron imaxes, algunhas delas referentes o que aconteceu “Fronte ó cabo Vilán, en 1761, tivo lugar a violenta abordaxe da goleta inglesa "Hispaniola", cargada cun gran tesouro, por dous barcos corsarios procedentes do porta da Coruña, o bergantín "An Ankou" e a balandra "El Trueno". Despois terían lugar outros acontecementos en terra, pois os principais protagonistas galegos eran nativos da costa camariñana.
De exposición
O sábado pola tarde inaugurouse a nova exposición de pintura no Faro Vilán de Pilar Pastoriza e Carmen Subiela, que estiveron arroupadas por preto de corenta persoas entre familiares, amigos, membros da Asociación de Empresarios e de Promoción turística de Camariñas, o Alcalde de Camariñas e outros veciños do concello.
Nesta exposición atoparemos 25 obras nas que a luz e as pinceladas de cor son a conexión entre dous estilos ven diferentes que nos amosan estas artistas coruñesas. Ten entrada libre e gratuita e está aberta do 7 de xuño ó 6 de xullo na sala de exposicións do Faro Vilán de Camariñas, como exposición e como venta.
Novas relacionadas
- Camariñas crea unha Rede Turística para unir o sector hostaleiro.
- Lema Suárez leva a Costa do Solpor as súas orixes.
- O Vilán, o Faro dos Faros.
- Un ano de actividades no Faro Vilán cos Empresarios de Camariñas.
Fonte
- Empresarios de Camariñas.