luns. 09.06.2025
El tiempo

Lema Suárez leva a Costa do Solpor as súas orixes

Lema Suárez leva a Costa do Solpor as súas orixes
Cabo Vilan-Fto-Xose Maria Lema Suarez Xa está nas librerías a primeira novela de Xosé María Lema Suárez, Costa do Solpor

O Cabo Vilán segue armando numerosas actividades da man dos activos empresarios do sector turístico. A próxima cita será unha presentación especial, pois o escritor Xosé María Lema Suárez levará a presentación da súa novela, Costa do Solpor ao ugar máis próximo ó desenvolvemento dos feitos, preto do que aconteceu a abordaxe da goleta "Hispaniola”.I e´que a novela está ambientada na costa de Camariñas no séc. XVIII.

No paradisíaco lugar, no Auditorio do Faro do Cabo Vilán, da Asociación de Empresarios da Camariñas, terá lugar o venres día 6, ás 7,30 da tarde a presetación no Concello de Camariñas da novela "Costa do Solpor", de Xosé Mª Lema.
Fronte ó cabo Vilán, en 1761, tivo lugar, polo que se conta na novela, a violenta abordaxe da goleta inglesa "Hispaniola", cargada cun gran tesouro, por dous barcos corsarios procedentes do porta da Coruña, o bergantín "An Ankou" e a balandra "El Trueno". Despois terían lugar outros acontecementos en terra, pois os principais protagonistas galegos eran nativos da costa camariñana.
A presentadora é Carmen Pérez, percebeira de Camelle e membro do Club de Lectores Arao, da Ponte do Porto. O autor proxectará imaxes cos escenarios principais da novela.

Mercado de Arte e exposición

Ademais, o Faro estará completo durante a fin de semana. De feito, ata o venres 6 haberá un mercado da arte, unha Exposición e venta de algunhas das obras realizadas durante o II Certamen de Pintura ó aire libre "Cabo Vilán”.

Xa o sábado 7 de xuño - Inauguración exposición de pintura de Pilar Pastoriza e Carmen Subiela. Exposición de entrada libre e gratuita do 7 de xuño (19:00h) ó 6 de xullo.

Exposicion Cabo Vilan

Novas relacionadas

  • Empresarios de Camariñas.

Comentarios