52.000kg de pataca destruída en Muxía ante as críticas do PSdG

Volve atizar o PSdG á Xunta pola súa ineficaz campaña contra a couza guatemalteca da pataca. Lamentan a tardanza en tomar medidas e preguntan se a Xunta vai tomar novas medidas de prevención. Ademais, consideran que “a Conselleira debería aparecer por Muxía, un Concello afastado a máis de 100 quilómetros do punto central afectado e que en principio non o estaba”. Co cal, “as nosas conclusións son que a praga non está finalizada e non se está a conseguir parar”.
Destruídas 52.000 kg de patacas en Muxía

Mentres, a Xunta continúa a campaña de destrución de patacas por Muxía. Dende que se iniciou o proceso de recollida o día 25 de abril lévanse destruído 52.700 quilos de pataca, aos que se poden sumar outros 3.885 quilos de patacas sospeitosas de estar afectadas que se eliminaron antes desa data.
A Xunta asegura que dispuxo de cinco persoas para atender aos agricultores e axudalos a identificar as parcelas sementadas e tomar nota da existencia da pataca en Muxía, e anunciou que xa saíu no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de subvencións pola retirada de pataca tendo xa o prazo de solicitude aberto.
Así mesmo, a Consellería do Medio Rural lembra que este proceso de recollida de pataca para a súa destrución segue en marcha e que está aberto ademais ata o 31 de maio o prazo para comunicar as plantacións na zona tampón, constituída por un radio de cinco quilómetros. Neste caso, só é obrigatorio a comunicación a nivel preventivo, non así a destrución da produción. En caso de non cumprir coas medidas, os particulares expóñense a multas de ata 3.000 euros en función da infracción. De feito, a directora avanzou que só neste ano abríronse outros sete expedientes sancionadores, seis na provincia de Lugo e un na da Coruña.
Novas da couza da pataca
- 27-04-18: En Marea e o goberno de Vimianzo critican as actuacións da Xunta ante a praga da pataca.
- 26-04-18: O PSdG alerta aos concellos da zona tapón da couza ante a resposta “caótica” da Xunta
- 22-04-18: A Xunta comeza a recoller as patacas de Muxía e a informar na zona tapón.
- 20-04-18: O PSdG lamenta o veto do PP á investigación sobre a causa da chegada a Muxía da couza da pataca.
- 12-04-18: Medio Rural constata que non se localizaron máis puntos infestados pola praga da pataca.
- Novas charlas informativas na zona tapón da couza da pataca
- Cee tamén bota patacas.
- A Xunta, que xa retirou 3.700kg de pataca en Muxía, informa aos alcaldes da zona tapón.
- Vimianzo xa se move ante a ameaza da couza da pataca.
- Marzo 2018: Muxía, primeiro concello da Costa da Morte afectado pola couza guatemalteca da pataca.
Outras novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).