Venres. 29.03.2024
El tiempo

8 concellos agasallarán os "Libros para sermos Libres" da Deputación

8 concellos agasallarán os "Libros para sermos Libres" da Deputación
Libros para sermos libres Camariñas, Corcubión, Laxe, Mazaricos, Muros, Ponteceso, Santa Comba e Vimianzo son os Concellos costeiros que acollerán a cita co libro que prepara a área de Cultura da Deputación da Coruña para celebrar o Día Internacional do Libro. A véspera da simbólica data, este sábado 22 de abril, a Deputación repartirá 5.000 libros en 30 concellos coruñeses, dentro do programa "Libros para sermos Libres”, que xa ten pasado por outros 63 municipios nos pasados anos. Os libros con que se agasallará á veciñanza dos distintos concellos proveñen dos fondos da Deputación da Coruña e son títulos de edición propia entre os que se encontran as obras gañadoras de premios como o Torrente Ballester, o Rafael Dieste, o Murguía, o Castelao ou o González Garcés, ademais doutros que se refiren ás recentes conmemoracións como o Día das Artes Galegas coa artista Maruxa Mallo como protagonista. Entre a selección de títulos atópanse tamén clásicos como "Cousas" de Castelao, centro dun recente programa literario-teatral que se realizou en diversos concellos. O acto desenvolverase ás 12:00h nun lugar céntrico de cada concello, prazas ou rúas peonís, ou no interior en bibliotecas ou centros culturais, se a climatoloxía non permitir o exterior:
  • Camariñas: Praza do Mercado
  • Corcubión: Praza de Castelao
  • Laxe: Praza de Ramón Juega
  • Mazaricos: Campo da Feira da Picota
  • Muros : Curro da Praza
  • Santa Comba: Praza diante da Casa de Cultura
  • Vimianzo: Castelo de Vimianzo

Fonte

  • Deputación.

Comentarios