Domingo. 08.09.2024
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte da fin de semana máis esperada do ano

A #AxendaCostadaMorte da fin de semana máis esperada do ano
Axenda ecuador agosto 14

Fin de semana do ecuador de agosto, unha das máis completas do ano na Costa da Morte. Unha fin de semana longa, cun ideal venres festivo para disfrutar da escencia do verán costeiro. E ademais, como nos comentan os compañeiros de 4gotas, parece que algo de tregua teremos co tempo:

A fin de semana por fin será de verán. A primeira deste mes de agosto un tanto tolo. Aínda asi, haberá matices, como non podía ser doutro xeito.
O venres nos arredores de Malpica pola mañá aínda pode caer algún chuvasco illado e pasaxeiro. De Muxía a Muros haberá bastante sol e xa comezarán a subir as temperaturas, aínda que pola tarde con vento do norte.
O sábado seguirán subindo un chisco as temperaturas e só haberá algunhas nubes no norte durante a mañá. O nordés acadará refachos fortes, polo que para ir a praia deberíamos buscar algunha protexida.
O domingo será o día de máis calor, só con algunhas nubes nos arredores de Malpica durante a mañá. Notarase a calor nos arredores de Cee e Carnota porque haberá menos vento que o sábado e as temperaturas subirán dos 25ºC.

Un Festival por riba de todo

A repercusión internacional que está a colleitar este evento, levando unha aldea de 4 casas por medio mundo, non ten parangón. Este sábado, milleiros de amantes da boa música achegaránse ao areal pontecesán para disfrutar do gran Festival VdeValarés 2014. Unha ocasión única para disfrutar duns concertos de primeira, nunha paraxe de champions.

Marea de festas

Non damos feito para apuntar todas as festas destes días, que teñen como principal protagonista ás grandes Festas da Xunqueira 2014. Unhas festas que durarán ata o domingo con todo tipo de música e diversión, e que se completarán coa máis que interesante Feira do Libro, que este ano pretende emerxer.

Unha das citas máis divertidas da fin de semana será o Festival Marea Rock de Laxe, que arrinca este ano collendo o relevo dunha vila tremendamente musiqueira. Un festival que, ademais, chega no marco das tremendas Festas de Laxe, onde #haiquestar. Unhas festas do Carme que rematarán o domingo co simbólico e emotivo Naufraxio de Laxe, unha das 9 Festas de Interese Turístico de Galicia.

Teremos tamén un importante foco de atención cos 4 días da Festa Galega de Malpica, con Feira Medieval Mariñeira e un fermoso festival de música galega para a noite do sábado.

Baixamos cara o sur porque unha das festas máis orixinais de todo o ano terá lugar este venres na horta da cabaseira, o gran Festórreo de Lira chega por fin.

E un pouco máis abaixo, poderemos disfrutar das Festas do Carme de Esteiro, mentres que en Muros seguen con actividades pola rúa.

Hai tamén outra marea de citas festexeiras polo camiño, como as Festas de Rus, as Festas de Xaviña, as Festas de Bértoa ou as dominicais Festas do Carmen de Olveira.

Máis que festas

E temos outras citas máis familiares, gastronómicas e culturais, como son a Merenda Campestre de CastroBuxán, a Festa da Conserva de Camariñas, o Roteiro Abentiano de Muxía a Touriñán do venres ou a Performance cultural do xoves no Faro Vilán.

Non hai excusa, disfruten da Costa da Morte!


Máis información

Tendes toda as citas debulladas en:


Fonte

Comentarios