Venres. 29.03.2024
El tiempo

A casa de Tatiana vai collendo forma

A casa de Tatiana vai collendo forma
Obras na casa de Tatiana de Camelle-Fotos de Marcos da Molinera

En marzo os veciños conseguían mercarlle a casa á familia de Tatiana, e dende entón non paran de traballar en facer realidade un soño. Despois dunha gran campaña de compromiso e solidariedade, o pobo camellán e de toda a comarca está deixando unha historia para recordar, conseguindo que Tatiana Alves e a súa familia poidan superar o pasamento do seu home, José Secundino.

Estes días hai un movemento tremendo na casa, xa propiedade da familia. O tecido social está entregado, como o ratifica o incansable traballo da Asociación de Veciños A Pergoliña, ou a colaboración de entidades como a Fundación Amigos de Galicia que axudou coas tellas e confirmou que aportará parte do mobiliario. Houbo tamén campañas parroquiais.

Pero tamén está comprometido o tecido empresarial. De feito, moitos materiais de construcción son doados, se ben a maioría teñen que ser mercados pola asociación tralas numerosas campañas solidarias. Ademais Construcciones Casal ten 4 obreiros traballando na obra, e só cobra polo xornal dos mesmos, facendo o traballo sen ánimo de lucro.

Tamén hai electricistas, fontaneiros, empresas de madeiras de toda a bisbarra ofrecendo os seus servizos. De Camariñas, da Ponte do Porto, de Ponteceso, de Santa Comba, de Cee, de Vimianzo, de Dumbría… chegaron ofrecementos á xente da Pergoliña para levar a cabo as reformas das ventás, fontanería, interiores…

E iso que tiveron que solventar os problemas cos seguros dos voluntarios, polo que só profesionais poden estar a pé de obra. Á suma total haberá que sumarlle os impostos, pois facenda vai levar unha boa tallada da doazón.

Unha doazón que se fará efectiva cando a casa estea rematada, poñendo a propiedade a nome dos tres fillos, e colocando a Tatiana como usufrutuaria.

Queda menos (aínda que non se pode falar de prazos) xa para que toda a familia de Tatiana se poida mudar a súa nova casa.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-familia-de-tatiana-puido-mercar-unha-casa-gracias-a-solidariedade-de-camelle/

Fonte

Comentarios