Luns. 14.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte mobilízase polo día da Muller

A Costa da Morte mobilízase polo día da Muller
Dun xeito ou doutro, centos de veciños e veciñas da Costa da Morte sumáronse onte aos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller. Carballo, Camariñas, Cee, Laxe, Zas,... foron algúns dos concellos da bisbarra que organizaron actos simbólicos a prol da igualdade de xénero. Repasamos os principais actos do día de onte.

Cee

Buserana no Dia da Muller de Cee-Foto-Rafa Quintans As Buseranas celebrando o no Dia da Muller de Cee-Foto-Rafa Quintáns Son as citas da Organización Feminista Buserana as máis intensas destas datas. A súa continua loita contra a desigualdade "nunha histórica xornada de loita na que pulamos pola dignidade das nosas vidas, polo noso lugar no mundo, na sociedade, na casa, na esfera pública", como sinalaron no Manifesto lido por Anabel Piñeiro. Un manifesto que falou así do feminicidio como a punta do iceberg do machismo exacerbado que vivimos nesta sociedade. "Hoxe somos moitas, mais non estamos todas. Cada ano, máis dun centenar de mulleres, de compañeiras, son asasinadas polo terrorismo machista só no Estado español. No pouco que levamos do 2017, xa son máis de 15 as mulleres que pagaron coa súa vida a barbarie deste sistema patriarcal, o número máis elevado deste período nos últimos dez anos. Cómpre sinalar que os datos oficiais non recollen o asasinato das crianzas da muller, fillos e fillas asasinados, un feito de violencia extrema fronte ao que as institucións se lavan as mans. As cifras a nivel global son estarrececedoras, case imposibles de imaxinar dende a nosa posición privilexiada. Todas as asasinadas deberían estar aquí, ou en calquera outra praza. Deberían estar vivas, pero non o están, e hai razóns e responsables máis aló dos seus asasinos". Falaron tamén en clave política, denunciando "os recortes dos recursos públicos nun falso sistema de benestar que nunca foi tal para as mulleres: a partida da Delegación do Goberno contra as violencias machistas reduciuse case nun 30%". Despois de dar unha ducia de razóns para seguir loitando en clave feminista, pasaron a disfrutar dun pequeno concerto con proxección dun documental nun bar da zona. Concentración ceense coa Buserana-Foto-Rafa Quintáns Concentración ceense coa Buserana-Foto-Rafa Quintáns Buserana no Dia da Muller de Cee-Foto-Rafa Quintans 2 Concentración ceense coa Buserana-Foto-Rafa Quintáns Ademais,a conmemoración do día internacional da muller municipal comezou en Cee cun almorzo/debate no contro social a vila na que a invitada foi Josita Lema - primeira concelleira do municipio -. Ela mesma foi a encargada de ler o manifesto na praza do concello. dia-muller-cee Josita Lema, a primeria concelleira de Cee, foi a encargada de ler o manifesto

Carballo

exposicion-muller-carballo Onte inaugurouse na biblioteca Rego da Balsa de Carballo a exposición colectiva "A muller a través da arte" Coincidindo co día internacional da Muller, onte inaugurouse na biblioteca Rego da Balsa de Carballo unha exposición de arte con obras de catro artistas. Na mostra atópanse obras creadas por Laura Tova especificamente para esta mostra e tamén traballos doutra carballesa, Alejandra Martínez, e de dúas artistas convidadas, Julia Aguiar e Lara Pintos. “Na miña profesión, a ilustración, as mulleres cobramos un 42% menos ca os homes”, sinalaba a carballesa Laura Tova durante a inaguración da mostra á que tamén asistiu o concelleiro de Cultura - Marcos Trigo -. A exposición colectiva “A muller a través da arte” forma parte da programación das Xornadas Guerrilleiras, organizadas polas concellarías de Cultura e Igualdade arredor do día Internacional da Muller. As actividades continuraron pola tarde co “Faladoiro das guerrilleiras” e a vindeira semana coa elaboración dun mural feminino que dirixirá Alejandra Martínez. As interesadas en participar poden inscribirse na propia biblioteca.

Camariñas

dia-muller-camarinas Alumnos e alumnas dos centros de educación primaria de Camariñas participaron en varios obradoiros para tratar a desigualdade de xénero Máis de 250 alumnos e alumnas dos centros de educación primaria de Camariñas, Camelle a a Ponte do Porto realizaron onte varios obradoiros no pavillón municipal da vila co fin de coñecer e sensibilizarse fronte a desigualdade de xénero. Paralelamente, ás 12 horas persoal municipal e varias veciñas reuníronse na praza do concello para participar no Paro Internacional de Mulleres. eu-paro-camarinas Persoal municipal e veciñas de Camariñas participaron no Paro Internacional de Mulleres

Corcubión

Onte tamén tivo lugar a inauguración da exposición fotográfica "Femme", de Senén Insua, no auditorio da capela do Pilar de Corcubión. No acto tamén participou o poeta corcubionés Serxio Iglesias. Ademais, a casa do concello acolle ata o día 12 a mostra "Por Elas, Por Nós". Tamén se inclúen dentro dos actos do día da muller a obra de teatro Rosa Caramelo, de Talía Teatro, que se representará o vindeiro día 31 e que está dirixida ao público infantil de entre 3 e 10 anos e ás súas familias.

Laxe

dia-muller-laxe A Escola de Avoas de Laxe representou a súa obra "Segunda oportunidade" no CPI Cabo da Area Onte tamén se conmemorou o día da Muller en Laxe con dous actos. Pola mañá, a Escola de Avoas da vila representaron a súa obra "Segunda oportunidade" ante os alumnos e alumnas do CPI Cabo da Area. E xa pola tarde, tivo lugar unha charla-coloquio impartida por membros da Garda Civil sobre a violencia de xénero. Ponteceso No marco das III xornadas de Xénero - organizadas pola área de bibliotecas do concello de Ponteceso - este venres terá lugar ás 20 horas na binblioteca municipal de Ponteceso o obradoiro "Micromachista, eu?" a cargo do contacontos Caxoto. Este taller está dirixido a maiores de 15 anos e ten como finalidade identificar os pequenos micromachismos de todos os días e aclarar conceptos arredor da desigualdade de xénero e a violencia de xénero, entre outros, e ten un deseño participativo en que o público non vai ser mero espectador.

Malpica

O concello de Malpica rendiulle unha particular homenaxe ás mulleres do municipio cunha publicación a través do Facebook. "Todas estas imaxes son de mulleres de Malpica que traballan pola igualdade dende moi distintos ámbitos. Hoxe son elas as que vos desexan bo día!" era o lema que acompañaba a album de fotos.

Mazaricos

Similar tamén foi a homenaxe que lle fixo o concello de Mazaricos á muller sen deixar de lado a súa esencia. Acompañaron unha foto no Facebook municipal acompañado dun texto no que fala de que as mulleres que traballan na agricultura e gandeira compaxinan o seu traballo coas labores domésticas e coidado de persoas maiores.

Muxía

Ás 12 horas de onte, tivo lugar diante da casa do concello de Muxía unha concentración presentada pola concelleira da Muller - Mónica Vilela -. Concentracion polo 8 de marzo en Muxia Concentración polo 8 de marzo en Muxía

Vimianzo

Ademais dos espectáculos teatrais en clave feminina que se desenvolverán ao longo deste mes na casa da Cultura de Vimianzo, dende o goberno municipal vimiancés conmemoraron o día internacional da muller cunha grande pancarta colgada do balcón da casa do concello co lema "8 de marzo. Día da Muller".

Zas

dia-muller-zas Raquel Queizás impartiu unha sesión de contos nos colexios de primaria do concello de Zas Os alumnos e alumnas do CPI de Zas e do CEIP Labarta Pose de Baio desfrutaron este martes dunha sesión de contos. Raquel Queizás foi a encargada de narrar distintas historias sobre a igualdade, o repecto e a convivencia. A actividade estivo organizada polo concello de Zas.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios