Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A familia de Tatiana puido mercar unha casa gracias á solidariedade de Camelle

A familia de Tatiana puido mercar unha casa gracias á solidariedade de Camelle
A Pergolina comprou a casa para a familia de Tatiana Toca rehabilitar a casa

Cando aparece a solidariedade, todo é posible na Costa da Morte. E se non, que llo pregunten á familia de Tatiana Alves, que despois de perder ao seu home, José Secundino Suárez, vía como a súa vida quedaba orfa. Apareceu Camelle para salvar a familia, e gracias á colaboración da Asociación de Veciños Pergoliña e da solidariedade de toda a Costa da Morte, o futuro parece moito mellor enfocado.

Son os veciños da Pergoliña os que nos contan “a mellor nova que poden contar dende que comezaba esta aventura solidaria”, aló polo mes de novembro-decembro. O pasado xoves 1 de marzo levouse a cabo a compra da casa para a famiia de Tatiana. A asociación conseguíu reunir os 24.000€ que custaba a casiña para que o soño continúe.

Agora é certo que queda un traballo moi duro, onde máis fai falta a colaboración de toda a zona. Fai falta proceder á rehabilitación da mesma, e para iso varias albaneis, fontaneiros e traballadores da construción de toda a volta xa se teñen posicionado como voluntarios para rehabilitala.

Non sobrará a axuda e de feito, a Asociación A Pergoliña segue en plena campaña solidaria, e xa está organizando unha Cea Solidaria para o 28 de abril no Pastoriza de Vimianzo. Haberá sorteos de regalos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios