A Música invade as aulas do Pedra da Aguia


O IES Plurilingüe Pedra da Aguia acolleu o pasado xoves 21 unha experiencia novidosa na que participou case todo o alumnado. Profesores da Escola Municipal de Camariñas trouxeron varios instrumentos musicais de corda, percusión e vento para achegar a música aos rapaces e animalos a tocar e a participar na Escola do Concello.
Situando un instrumento en cada aula, os grupos de alumnos pasaron de forma rotatoria e en intervalos de 10 minutos para escoitar as explicacións e os acordes do piano, a batería e a guitarra. Finalmente, todos xuntos congregáronse no salón de actos para escoitar unha pequena actuación dos profesores, xa con todos os instrumentos.
Dende o Centro quedaron encantados pola acción da Escola Municipal de Camariñas achegando a música ás aulas, unha experiencia que entusiasmou tanto ao alumnado como ao persoal docente. Seguro que desta cita saen moitos novos alumn@s!

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).