Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A XXXIII Mostra de Camariñas estrea o "Gourmet entre encaixes"; un espazo para as food trucks

mostra-encaixe-camarinas-gourmet
Haberá unha zona na que se poderán instalar food trucks e outro tipo de postos de venta ao público
A XXXIII Mostra de Camariñas estrea o "Gourmet entre encaixes"; un espazo para as food trucks

O "Gourmet entre encaixes" será unha das principais novidades da XXXIII Mostra do Encaixe De Camariñas Deputación da Coruña que se celebrará a vindeira Semana Santa. Este é un espazo dedicado ao sector alimentario no que se poderán instalar "food trucks" e outro tipo de postos de venta ao público.

Esta nova zona, na que tamén se situará o bar da Mostra e que contará con vixilancia de seguridade as 24 horas do día, terá unha decoración ambiental especial e contará cun espazo con mesas e sillas para que o público asistente á Mostra poida degustar alí mesmo os produtos que merque.

O custe que teñen que asumir as empresas por estar presentes neste espazo é de 370 euros, IVE incluído. Estará aberto desde o mércores 27 de marzo ás 15 horas ata o domingo 31 de marzo, en horario continuo de 11 a 21 horas de xoves a domingo. Para máis información as empresas interesadas poden chamar aos teléfonos 653 265 529 ou 653 276 388.

Comentarios