Domingo. 26.09.2021
El tiempo

As ANPAS de Camariñas protestan pola problemática co transporte escolar, que deixa sen praza aos que estean a menos de 2km do centro

Carballo. A Coruña
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, supervisa o funcionamento da tarxeta Xente Nova. Na estación de autobuses de Carballo 
31/08/2021
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
A conselleira Ethel Vázquez a semana pasada en Carballo
As ANPAS de Camariñas protestan pola problemática co transporte escolar, que deixa sen praza aos que estean a menos de 2km do centro

A implantación da tarxeta “Xente Nova” para o uso do transporte escolar afecta á comunidade educativa de ambos centros camariñáns e de especial xeito ao alumnado de Ponte do Porto. Esta medida deixa sen dereito de reserva de praza e gratuidade aos escolares con menos de 2 quilómetros de traxecto ao centro.

Unha situación que alarma ás familias, ás ANPAS tanto do Instituto Pedra da Aguia e do CEIP Ponte do Porto. De aí que lle trasladaran as queixas ao Concello, que vénd e enviarllas á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.

Lamentan que non se teñan en conta as circunstancias económicas, sociais e familiares de cada un dos alumnos que viven nunha contorna rural e que, ata o de agora, dispuxeron de autobús escolar en pleno dereito de reserva de praza e acompañante dos menores en todo o traxecto.
Ademais, a tarxeta “Xente Nova” presenta unha recarga de 20 euros e necesita uns prazos e uns períodos para que se devolva o importe das viaxes usadas, sería necesario agregar un importe determinado para poder empregala durante un mes nas viaxes de ida e volta.
Por outra banda, a xestión da tarxeta deberase facer en oficinas de Abanca, sendo necesarios os desprazamentos a outros concellos, a mais de 10 quilómetros de percorrido.

Dende o Concello, ademais de manter as mesmas medidas de limpeza do servizo sen custo para as persoas usuarias, lamentan o trato discriminatorio co rural.

Novas relacionadas

comentarios