As procesións marítimas do Carme, outro gran tesouro etnográfico da Costa da Morte


Impresionantes as procesións marítimas que se viviron na xornada deste xoves 16 de xullo 2015 na Costa da Morte, no comezo dunhas Festas do Carme que aínda continúan. As vilas de Corcubión, Camariñas, Muxía, Muros, Corme… (en Fisterra a festa é en setembro) lanzáronse ao mar para disfrutar destas auténticas tradicións costeiras, mariñeiras. Por algo a Virxe do Carme é a patroa dos mariñeiros, demostrando a fe que lle profesan centos de mariñeiros de toda o litoral galego.
Pero non só de fe vai a cousa, pois estas procesións marítimas xa son parte do patrimonio etnográfico da nosa bisbarra e son moitos os turistas que se montan a bordopara disfrutar desta gran oportunidade de ver a Costa dende o mar, como cada día fan os nosos mariñeiros.
Sen tantos líos coma outros anos cos seguros ou os chalecos, só a néboa facía pensar que a Virxe tería que quedar en terra. Pero afortunadamente levantou a brétema e os barcos, xa preparados, zarparon cara o seu mar. Unha ida, coa Virxe montada nun dos barcos, e o resto da expedición escoltándoa.
Por Corcubión, Muros e Corme, a visita é ao medio da ría, onde se fai a tradicional ofrenda floral (con plástico e todo), para voltar confiando en que a Virxe coide aos nosos mariñeiros ao longo do ano.
Por Camariñas (deixaron xa a proba de convertir as festas nun mercado medieval) e Muxía, a cousa é aínda máis auténtica. Pois a procesión sae da vila do encaixe, e remata na vila da Barca, unindo pobos e tecendo unha rede cultural ben fermosa.






A Danza de Arcos, a danza do Carme
Dos barcos camariñáns, baixaron un numeroso grupo de mozos camariñáns. E ante a tenta mirada do público, fixerom unha demostración desa arte, a da Danza de Arcos, que se mantén moi viva na Costa da Morte. Outro tesouro etnográfico.

Novas relacionadas
- Festas #comarea na #AxendaCostadaMorte da fin de semana.
- www.axendacostadamorte.com.
- Muros segue o seu verán de vertixe e pasa a Cultura Mariñeira ás Festas do Carme e ás Carrilanas.
- Naufraxio de Laxe 2014: Emoción e vida nun ateigado Naufraxio de Laxe.
- Festas do Carme de Fisterra 2012: O Carme de Fisterra pechou o verán a golpe de devoción e orquestras.
- Festas do Carme de Fisterra 2010: Un Carme militar en Fisterra.
- Festas do Carme de Fisterra 09: Fisterra paseou á Virxe do Carme.
- Festas do Carme de Corcubión 09: A Virxe do Carme navegou ata o Carrumeiro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasnacosta.com).