Martes. 25.01.2022
El tiempo

Atopan a que podería ser a peza de encaixe máis antiga que se coñece na Costa

Atopan a que podería ser a peza de encaixe máis antiga que se coñece na Costa
Pequena peza de encaixe azul atopada nun libro de 1622 Pequena peza de encaixe azul atopada nun libro de 1622

Menudo achádego o que veñen de descubrir varios investigadores camariñáns do colectivo PX, comandandos por Rafael Lema.

Foi unha casa da Ponte do Porto, facendo de contratapa dun libro, onde atoparon a peza de encaixe de bolillos máis antiga que se coñece na Costa da Morte. Trátase dun libro de comedias de 1622 e a xoia de encaixa aparecía cosida á parte interior da tapa e cuberta por un pliego que ao ser desvelado polo seu propietario deu coa pequena obra de arte.

Trátase dun labor en fío azul, dourado e seda, do tipo blonda antiga catalá e de estilo italiano, obra posiblemente dunha rica dama dalgunha casa hidalga da zona pois no século XVII aínda non se popularizou o encaixe de Camariñas. Na localidade hai documentación de palilleiras desde o século XVIII, e a mediados deste xa eran populares as palilladas entre O Pindo e Corme. Con todo hai noticias de venda de encaixe galego a nobres e cabildos catedralicios desde o século XVI.

Nun libro de comedias do Século de Ouro impreso en 1622 aparece esta pequena peza nun motivo que imita unha folla apuntada en fío finísimo e caro de tres colorees. O primeiro propietario do tomo é un tal Antonio Canosa e Lado de Santiago de Ameixenda en Cee, que recibe unha dedicatoria "De A miña Señora Luzia Baptista", que podería ser a autora da peza de labor. Noutras follas aparecen anotacións de posteriores herdeiros, con datas como 1856, 1871 ou 1882, e nomes como S. Sendón, Jesús e Cristóbal Canosa. Este último anota que é párroco de Ameixenda, do lugar de Lamas, en 1871. Tamén aparece como curiosidade unha canción das guerras carlistas na cara anterior dun folio cun debuxo do barco de pasaje inglés Great Liverpool caído moi preto de Ameixenda en 1846 e escenas de bandoleros e carabineros: "De nápoles veu unha estrela e a gloria aos liberais o inferno aos carlistas o pulgatorio aos flaires".

O libro na súa cara externa presenta de ser salvado dun incendio, polo que últimos propietarios citaban por unha tradición oral da familia que unha rectoral de Cee na que se achaba fora queimada durante as invasións napoleónicas en 1809.

Novas relacionadas

Fonte

  • Rafal Lema, do PX.

comentarios