Mércores. 19.01.2022
El tiempo

Camariñas acolle un Curso de Xénero para o monitorado de tempo libre

O Alumeado de Nadal préndese o domingo 5 de decembro
CursoXénero
Camariñas acolle un Curso de Xénero para o monitorado de tempo libre

O Concello de Camariñas xunto coa Deputación da Coruña e Aventeira organiza o Curso de Xénero e Educación non formal. Trátase dun curso de formación para monitorado en tempo libre que se realizará ao longo de dúas sesións. O 10 de decembro pola tarde e o 11 pola mañá, ambas citas no Centro de Iniciativas.
Podes reservar a túa praza mandando un mail a [email protected]ñas.net

Alumeado

O Concello de Camariñas programou o acendido da iluminación de Nadal para o próximo dommingo 5 de decembro, ás 18 horas. Será na praza do Concello e desde o goberno local invitan á veciñanza á que se acheguen ata alí para desfrutar das actividades programadas. Haberá inchables para os máis pequenos, darase chocolate con churros ás persoas que vaian, o coro municipal ‘Brisas do Mar’ amenizará a tarde e, ademais, haberá neve na praza!

comentarios