![]()
O concello de Camariñas vén de facer un novo chamamento á veciñanza para que se sumen á
campaña de compostaxe doméstica. Este é un programa posto en marcha hai xa tres anos e no que participan 180 familias do municipio. Nesta nova convocatoria ábrense 50 novas prazas e os únicos requisitos son ter un pequeno terreo no que poder compostar os residuos orgánicos e ser veciño de Camariñas.
Este tipo de campañas contribúen a un beneficio ambiental para o concello reducindo os desprazamentos destes residuos á pranta de reciclaxe correspondente e reducción as emisións de gases de efecto invernadoiro e, por tanto, freando o cambio climático.
Para a realización deste proxecto, o concello de Camariñas conta coa axuda da organización Amigos da Terra especialmente nas tarefas de formación, seguimento e avaliación dos participantes. O proxecto, que forma parte das actividades de concienciación ambiental financiado pola Xunta de Galicia co Fondo de Compensación Ambiental, arrancou hoxe coa súa apertura da fase de solicitude de participantes. T
odas as persoas que o desexen poden inscribirse chamando ao 981 737 004 ou dirixíndose á casa de Pedra.
Selección das familias
Unha vez seleccionadas as 50 familias participantes terá lugar a súa formación e un período de seguimento personalizado por parte das técnicas de Amigos da Terra, que acompañarán a estas familias ao longo do proceso a fin de resolver dúbidas e solucionar problemas, capacitándoas para que elas soas continúen o proceso. Ademáis a cada familia seleccionada daráselle un composteiro e formación durante o tempo que dure o proxecto.
O único requisito para formar parte deste programa é, ser veciño do concello de Camariñas, ter un pequeno xardín ou terreo e estar disposto e motivado a formar parte deste proxecto educativo e formativo. Realizarase unha selección das 50 primeiras persoas que cumpran estes requisitos para esta primeira fase, e as que queden fora, quedarán nunha lista de espera para as seguintes edicións. As persoas que forman parte da lista de espera do último programa non teñen que volver a apuntar, son as primeiras en entrar.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Camariñas