Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Camariñas divídese ante a inhabilitación de Pichurri

Camariñas divídese ante a inhabilitación de Pichurri
https://www.facebook.com/110162822388757/videos/1499361740135518/

Días de tensión vive Camariñas dende a inhabilitación por 4 anos do alcalde. O cruce de declaracións, as peticións de dimisión e mesmo a filtración de gravacións alteran a orde natural da vida política da vila encaixeira.

Pero unha vez máis na nosa bisbarra, os asuntos de corrupción parecen non afectar á visión que os cidadáns temos dos nosos representantes. Este pasado venres máis de 300 veciños se concentraban ás portas do Concello para amosar o seu apoio ao alcalde, Manuel Valeriano Alonso. Veciños de todos os sectores alzaban a voz para deixar claro que Pichurri non vai estar só nesta batalla contra a lei. Mesmo outros alcaldes socialistas como Félix Porto ou José Manuel Pequeño amosaron o seu apoio.

Gravacións

BNG e PP filtraron esta pasada polo whatsap fin de semana unhas gravacións nas que se escoita á concelleira Sandra Insua falando cun veciño interesado en coñecer o resultado dun concurso para a contratación de persoal temporal. Unhas conversas nas que para os grupos da oposición se deixa claro como son estes procedementos, a dedo, e para ir cubrindo cada parroquia. De feito, ambos preguntaron no pleno por esta clase de prácticas.

Pola contra, a propia edil acusa case de “delito” “a campaña de acoso do PP”, por “utilizar gravacións obtidas fraudulentamente para atacar”. Insua sinala ademais que foi unha conversación normal cun veciño que ademais non saíu elixido e que mesmo “chega a acusar ao rexedor de ser o responsable da súa non elección e ameaza a Sandra Insua con recibir un mal resultado electoral e ao alcalde da vila de que vai perder votos”.

Insua quere “defender a limpeza do proceso de selección. Unha limpeza que queda acreditada totalmente no feito de que non solo eu non formaba parte deste proceso, senon en que este señor non foi nin sequera seleccionado”.

Nova petición de dimisión

Mentres, o BNG continúa solicitando aa dimisión do alcalde e lamenta que non respondese a ningunha das cuestións que lle preguntaron no último pleno. Ademais, o BNG de Camariñas "apela unha vez máis ao PSOE local para que faga efectivo o código ético do PSOE e pida que o alcalde de Camariñas dimita, de non facer efectiva esta petición o BNG entende que existe complicidade co alcalde e entendemos que perden toda a credibilidade cos seus votantes e cos seus veciños/as".

Denuncia

Sandra Insua Concelleira de Camarinas Sandra Insua, Concelleira de Camariñas, nas dilixencias da garda Civil

Pola súa banda, a concelleira aludida, Sandra Insua, acudía esta maña diante da Garda Civil para facer oficial a interposición dunha denuncia pola "publicación en prensa e redes sociais da conversa obtida ilegalmente, e do uso que o Partido Popular en Camariñas estaba a facer da mesma". As dilixencias foron remitidas xa pola Garda Civil ao Xulgado de Instrución de Corcubión.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios