Camariñas, a envexa das procesións marítimas do Carme
17 de xullo de 2024 (09:11 h.)
Falamos sempre do potencial que teñen as procesións marítimas da Virxe do Carme, un dos grandes tesouros etnográficos da nosa comarca. E entre todas as citas da completísima axenda do Carme, a envexa da comarca é a procesión de Camariñas. A deste 16 de xullo foi absolutamente espectacular, e hai que vivila para sentir a emoción e devoción que pon o pobo de Camariñas.
Así foi o seu paso por Muxía e volta cara Camariñas, cazado neste vídeo por Felipe Sar.
Danza de Arcos
Espectacular tamén a danza de Arcos, outro tesouro etnográfico de Camariñas, que precede á procesión, acompañando a Virxe dende a Igrexa ata o barco.
Camariñáns do Ano
Por Muros
Para ver o potencial das festas do Carme, podemos comprobar como estaba o peirao de Muros na xornada de onte.