Camariñas estreou os obradoiros de búsqueda de emprego
Comezaron en Camariñas a serie de cursos de búsqueda de emprego que se van celebrar nos meses de febreiro e marzo, que o Concello artella en colaboración co SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia), servizo da Xunta de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Este mércores celebrouse o primeiro obradoiro sobre busca de emprego baixo o título “Busco traballo, por onde empezo”.
No obradoiro informouse sobre as principais fontes de información para o emprego, así como dos recursos de emprego e formación existentes na zona e a forma de acceder ós ditos recursos. Tamén se traballou a selección do obxectivo profesional.
Asistiron 12 veciños do municipio aos que se lle pasou un cuestionario de avaliación. Os usuarios puntuaron un alto grao de satisfacción. O 83% consideraron o contido do curso entre bo e moi bo. Todos e todas manifestaron que a duración do curso foi axeitada e non ter botado nada de menos. En canto a avaliación da docente, a orientadora laboral, e o material entregado foi valorado de forma unánime tamén positivamente.
Vindeiro obradoiro
O próximo obradoiro será o 27 de febreiro, “Curriculum e cartas de presentación”. Nesta xornada veranse os distintos tipos de c.v. así como os seus apartados, cartas de presentación e a súa estrutura. As persoas asistentes poderán elaborar o seu c.v. así como modelos de cartas na aula informática do concello.
Para poder participar no curso é obrigatorio inscribirse con anterioridade nas instalacións municipais da Casa de Pedra coa orientadora laboral de luns a venres de 8:00 a 15:00, nos teléfonos 981737004 ou 653260746 e no email [email protected].
Novas relacionadas
- Camariñas propón 4 novos cursos de búsqueda de emprego.
- Pesca, exposición e atletismo, trío de actividades en Camariñas.
Fonte
- Concello de Camariñas.