Venres. 19.04.2024
El tiempo

Camariñas instala nas parroquias oito novos contedores de recollida de pilas usadas

Contedor Recollida Pilas Camarinas 2023
Camariñas instala nas parroquias oito novos contedores de recollida de pilas usadas
O Concello de Camariñas instalou oito contenedores de recollida de pilas nas diferentes parroquias grazas ao Convenio de Colaboración realizado coa Xunta de Galicia, en colaboración coa fundación Ofipilas, para realizar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles.

Os contedores están situados: na Casa do Concello, Casa de Pedra, Biblioteca, Gasolinera de Ponte do Porto, Colexio CEIP do Allo, Museo do Aleman de Camelle, Bar O Colmado de Arou e Almacen Municipal en Xaviña.

Lembran que as pilas poden contaminar durante miles de anos. Os seus compoñentes tóxicos (metais, níquel, cobalto etc.) unha vez tratados poden ser reutilizados reducindo as súas extraccións da natureza e o emprego de uso da auga e outros recursos
limitados na súa extracción e transformación.
A recollida de pilas únese ás de trastos, aceites, téxtil, papel-cartón, vidro, pequenos electrodomésticos, bombillas e ademais conta cunha rede de compostaxe doméstica na que participan 300 vivendas e o colexio de Camariñas.

Para máis información sobre este programa, na Axencia de desenvolvemento local de Camariñas ou no teléfono 981 737 004.

Cartel Recollida Pilas Camarinas 2023

Comentarios