Luns. 01.06.2020
El tiempo

Camariñas organiza unha charla informativa para o empresariado local

Primeira reunión do Goberno Local de Camariñas
Primeira reunión do Goberno Local de Camariñas
Camariñas organiza unha charla informativa para o empresariado local

Este xoves, 21 de maio, ás 11 horas na Casa de Pedra organiza unha sesión informativa dirixida ao tecido empresarial do municipio para informar das medidas de precaución que se deben tomar para levar a cabo unha reapertura segura dos negocios durante as diferentes fases da desescalada. Estará impartida polos inspectores de Sanidade da comarca de Soneira, e nace a raíz das peticións da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística.

Os asistentes á sesión do xoves deberán acudir obrigatoriamente con máscara e tamén se terán que gardar os dous metros de distancia de seguridade. As cadeiras do salón de actos da Casa de Pedra estarán separadas a esa distancia.

Plan de reactivación

Por outro lado, xa está dispoñible para a súa consulta na web municipal, www.camarinas.net, o "Plan de acción municipal para a reactivación da Costa da Morte" impulsado polos ADL.

Axudas para EPIS

Durante a primeira reunión presencial que realizou o grupo de goberno de Camariñas, o Concello aprobou unha liña de axudas destinada a sufragar os gastos na compra de Equipos de Protección Individual (EPIS) que están a ter que asumir a hostalaría e o comercio local na reapertura dos seus negocios. Trátase dunha axuda de 200 € para comprar este material.

Novas relacionadas

comentarios