Camariñas usará o POS+ para o pago a provedores e o Servizo de Axuda no Fogar
09:01 01/02/21
Dos 13 millóns de euros que a Deputación destina á Costa da Morte no POS+ 2021, Camariñas recibe uns 400.000€. O pleno do pasado venres servía para aprobar, cos votos a favor do PSOE e a abstención de PP e BNG, a proposta do goberno
Aprobouse cos votos a favor do PSOE e a abstención do PP e BNG un recoñecemento extraxudicial de crédito de 444.444,74 euros para o pago de facturas pendentes a provedores.
O Concello destinará 268.638,97 euros para asumir o pago a provedores e 38.968,75 euros para reducir a débeda coas entidades bancarias.
Ademais, os 100.000 da partida social que obriga a Deputación destinarase ao Servizo de Axuda no Fogar, que será máis doado de xustificar, como están a facer o resto de concellos
Tamén aprobaron o Plan Único Complementario (por se hai novas partidas), valorado en total en 289.081,54 euros, e que se destinará a diferentes proxectos:
- Mellora e acondicionamento das rúas Rozas e Rucheira en Arou.
- Reparación do pavimento na rúa Virxe do Monte de Camariñas.
- Reordenación do espazo público destinado á creación do parque infantil de Xaviña.
Aprobouse cos votos a favor do PSOE e a abstención do PP e BNG un recoñecemento extraxudicial de crédito de 444.444,74 euros para o pago de facturas pendentes a provedores.