Venres. 19.04.2024
El tiempo

Camariñas prepárase para a BTT da Caramiña e para o Circuito Correndo pola Costa da Morte

Presentación Circuíto da Caramiña (2) copia
Na presentación oficial da proba participaron a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa; o presidente da peña ciclista Baikers do Vilán, Ramón Martínez; e o secretario da peña, Pedro Romar.
Camariñas prepárase para a BTT da Caramiña e para o Circuito Correndo pola Costa da Morte

Dúas probas deportivas de especial interese chegan a Camariñas. Este domingo 16 de febreiro toca a Ruta BTT da Camariña, e o 8 de marzo será Camariñas acolle a IX Carreira Pedestre dentro do 7º Circuíto ‘Correndo pola Costa da Morte’.

Eventos deportivos que serven ademais de perfectos escaparates turísticos para a nosa bisbarra, pois será medio millar de persoas, coas súas familias en moitos casos, as que pasen unha fin de semana na nosa comarca, e que seguro que repiten.

Liga Galaica de Resistencia 3H BTT 2020

Cartel Circuito Da Caramiña Ruta Galaica 2020

O Concello de Camariñas, en colaboración coa peña ciclista Baikers do Vilán, organizan a proba ‘3H Resistencia Circuíto da Caramiña’ de BTT, que se celebrará o 16 de febreiro e que servirá como peche do circuíto da ‘Liga Galaica de Resistencia 3H BTT 2020’, que previamente se disputou en Ames e Noia.

A saída da proba está prevista para as 10 horas e terá lugar nas inmediacións do campo de fútbol municipal ‘Hermanas Patiño’. O circuíto consta de 6 quilómetros e estará debidamente delimitado, incluíndo tamén zonas con diferentes obstáculos, tanto naturais como artificiais.

As inscricións péchanse o próximo mércores, 12 de febreiro, en www.magmasports.es.

7ª edición do Circuito Correndo pola Costa da Morte

En marcha a 7ª edición do Circuito Correndo pola Costa da Morte que este ano ten como madriña á vimiancesa Teresa Castro. A cita camariñá será o 8 de marzo.

O prazo para inscribirse no 7º Circuíto ‘Correndo pola Costa da Morte’ remata o luns 2 de marzo ás 23:59 horas, e o prezo é de 35 euros. Para inscribirse nas carreiras, rematará ese mesmo luns 2 de marzo, tamén ás 23:59 horas, e o prezo será de 8 euros, co valor engadido de 1 euro si se quere chip.

Comentarios