Venres. 26.04.2024
El tiempo

Camariñas, o primeiro concello que manifesta o seu desacordo coa nova normativa de Portos para a pesca recreativa

Captura de pantalla 2021-08-13 a las 8.36.09
Plano coas zonas permitidas para a pesca recreativa no porto de Camariñas
Camariñas, o primeiro concello que manifesta o seu desacordo coa nova normativa de Portos para a pesca recreativa

Trala nova normativa aprobada pola Xunt de Galicia para regularizar a pesca recreativas nos portos do país, chegan as primeiras reaccións. É o Concello de Camariñas o primeiro que recoñece o seu desacordo coa medida, tralas conversas entre a alcaldesa Sandra Insua e o patrón maior, Ramón Lema.

Concello e confraría xa preparan alegacións pois consideran que os requisitos que se incorporan no texto para poder exercer a pesca recreativa están “fóra de lugar”. Tamén solicitarán entre outras cousas que se amplíe a zona de pesca recreativa á rampla do Club Náutico e pola Lonxa Vella.

Novas relacionadas

Comentarios