Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Xunta regula a pesca recreativa nos portos

PLANO DO PORTO DE MALPICA DA PESCA
Plano coas restricións para a pesca deportiva do porto de Malpica
A Xunta regula a pesca recreativa nos portos

Tras case un ano de mobilizacións, a Xunta vén de publicar no DOG a resolución que autoriza a pesca non profesional en superficie de xeito total ou parcialmente en 107 dos 122 peiraos de titularidade autonómica.

Unha necesidade, pois a práctica seguía estando regulada por unha normativa de 1972 na que supostamente non se permitía pescar nos peiraos, sendo unha desas leis que nunca se cumplían nin se facían cumplir.

A normativa, como avanzabamos en xullo, fai 3 niveis, tras unha “análise pormenorizada das instalacións e un debate e traballo coordinado coas entidades representanrtes dosector da pesca recreativa”, asegura a Xunta:

  • Portos Libres de restricións (28): Santa Mariña de Ponteceso, Ézaro (Dumbría), Os Muíños (Muros).
  • Portos onde se prohibe totalmente (15): Quenxe (Corcubión).
  • Portos con condicións por zonas ou horarios: Caión, Razo, Malpica, Barizo, Santa Mariña de Ponteceso, Corme, Laxe, Camelle, Arou, Santa Mariña de Camariñas, Camariñas, Muxía, O Sardiñeiro, Fisterra, Corcubión, Brens, Ézaro, O Pindo, Portocubelo, Muros, Os Muíños, Esteiro.
Esta clasificación é froito da análise pormenorizada das instalacións así como do debate e traballo coordinado con distintas entidades representativas do sector da pesca recreativa de Galicia. A relación dos portos poderá ser revisada puntualmente de ser preciso.

A resolución xa está vixente e os usuarios poden facer efectivo o seu permiso a través do procedemento correspondente en sede electrónica da Xunta de Galicia puidendo acceder dende a páxina web de Portos de Galicia, onde ademais se poden ver os planos detallados das zonas habilitadas para a pesca non profesional en superficie de cada porto.
Unha vez tramitada a solicitude de autorización coa documentación requirida poderase iniciar a actividade sen esperar resolución expresa, sempre que ademais se teña un seguro de responsabilidade civil. A autorización solicitada terá vixencia dun ano caducando pasado este ou se vencese o seguro obrigatorio.

 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios