Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Camariñas reabre o ximnasio municipal previa reserva

Ximnasio Camariñas con protocolo COVID
Ximnasio de Camariñas con protocolo COVID
Camariñas reabre o ximnasio municipal previa reserva

Hoxe luns, cun protocolo de seguridade e en horario de 18 a 21horas, reabre as súas portas o Ximnasio Municipal de Camariñas. Só poderán asistir un máximo de 4 persoas por cada franxa horaria e non poderán estar máis de 2 por cada zona do ximnasio (2 en fitness e 2 en cardio).

Deste xeito, os interesados ou interesadas en acudir deberán solicitalo previamente ao inicio de cada semana. Por iso compre pedir cita previa neste formulario que está subido na web municipal ou tamén poden facelo de xeito presencial na casa consistorial de 11 a 12:30 horas. As solicitudes só se poderán facer para unha semana.

O protocolo sanitario inclúe medidas como o uso de máscara antes do inicio e no remate da sesión, desinfectar o calzado e as mans, deixar o material nunha bolsa que será facilitada na instalación e deixala na taquilla, desinfectar cada máquina usada despois de cada uso, usar toalla e luvas, ou utilizar os carrís marcados no chan. Non se poderá facer uso dos vestiarios.

Comentarios