Mércores. 22.05.2019
El tiempo

Camariñas seguirá tendo pediatra

Camariñas seguirá tendo pediatra
Son varios os municipios da Costa da Morte os que teñen problemas co servizo de pediatría. Un deles é o de Camariñas onde se creou unha situación de malestar entre os pais e nais do municipio despois de saber que o actual especialista se trasladará proximamente a outro destino. Ante esta situación, o  xerente de Xestión Integrada do Sergas, Luis Verde, púxose en contacto coa alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, que preocupada polo asunto, xa solicitara unha entrevista para tratar este tema. Na súa chamada, Verde comunicoulle o inminente traslado do actual pediatra e expresarlle a firme vontade so Sergas de cubrir esa praza. O xerente do Sergas tamén avanzou que no día de onte, luns, xa se lle ofreceu a praza de pediatría do centro de saúde de Camariñas a outro pediatra polo que se agarda que a próxima semana xa se poida incorporar ao seu posto de traballo. Sandra Insua agradece a Luis Verde “que se puxera en contacto conmigo por vontade propia e tamén a intención do Sergas de cubrir a praza o antes posible”. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/as-familias-de-zas-mostran-con-pancartas-o-seu-malestar-polo-servizo-de-pediatria/ Fonte

Comentarios