Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O CEIP de Camelle non puido abrir as súas portas o primeiro día de curso

CEIP DE CAMELLE
O CEIP de Camelle non puido abrir as súas portas o primeiro día de curso

Xoves 9 de setembro. Día de comezo de cole en tofa Galicia… agás no CEIP de Camelle. As familias tiveron que levar de volta ás crianzas pola falta de profesorado. Falamos dun centro moi pequeno, que malia ser CEIP funciona como Unitaria, cunha soa profesora (sen directora) trala fusión das dúas unidades en 2017 para os nenos de 3º, 4º e 5º de Infantil e 1ª e 2ª de Primaria.

A mestra colleu a baixa o luns, pero dende Educación non enviaron notificación nin ao Concello nin á ANPA. As familias levan chamando (dende o día 7) á Inspección toda a mañá, e enviaron un escrito. Non atoparon resposta pero ás 11:00h enviaron ao profesor de relixión da Ponte do Porto “só para dicir que está aberto” , denuncias as familias, que decidiron non levar aos nen@s á escola ata que se cubra a baixa.

O centro ademais está afectado polos cambios no transporte escolar.

Comentarios