Comezaron as obras de reparación do tellado da lonxa de Camariñas

Reparando as planchas do teito da Lonxa de Camariñas

Aínda este luns os Bombeiros de Cee, ante o novo temporal de vento, tiveron que acodir a Camariñas para sacar varias planchas do tellado da lonxa de Camariñas. Unhas planchas que comezaron a voar polos aires a raíz do temporal Elsa, provocando que ata chovese dentro da confraría.

Pero parece que a cousa se vai solucionar pronto pois a Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, xa puxo en marcha as obras da reparación da cuberta. Cun orzamento de 110.000€, a Xunta tramitou as obras con premura, e as obras contan cun prazo de execución de dous meses, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

Ademais do acondicionado da cuberta, incluiranse os elementos de illamento da cuberta así como a reparación dos danos causados no interior pola entrada de auga e que afectan ao normal funcionamento da instalación.

Novas relacionadas