Martes. 19.03.2024
El tiempo

A Xunta comprométese a axilizar as melloras da Lonxa e coa fábrica de xeo de Camariñas

Conselleira do Mar visita confraría Camariñas
A Xunta comprométese a axilizar as melloras da Lonxa e coa fábrica de xeo de Camariñas

Tivo que chegar a chover na confraría e mesmo que un tempora temporal levase parte do tellado, para que a Xunta se comprometese con mellorar as instalacións. Pero, onde a Consellería do Mar comprometeuse a axilizar os trámites para que comecen as obras de emerxencia e o proxecto de acondicionamento e mellora da lonxa camariñá ou a posta en funcionamento da fábrica de xeo da confraría.

Fixo no marco dun encontro entre a confraría e a Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos (Agade), que veñen de asinar un convenio que demostra que a unión entre partes da cadea do Mar-Industria son moi positivas para o sector.

Aproveitou para sacar cifras, e lembrou os 6 millóns de euros que ten investido a Consellería nos últimos 11 anos, en actuacións como a segunda fase da ampliación do peirao de Camariñas, os 3 millóns que puxo en apoios para mellorar as instalacións da industria camariñá; os 50.000 de axuda a través do GALP para a construción dunha nave de redes.

Sobre proxectos máis urxentes (a historia da fábrica de xeo xa leva 2 anos enriba da mesa), a Conselleira Rosa Quintana asegurou que están marcha, investindo 100.000 € para a propia fábrica de xeo e outros 110.000 para as obras de acondicionamento da mellora da lonxa.

Cifrasdas lonxas de Camariñas e Camelle

Estas visitas sempre serven para sacar cifras á luz: A lonxa de Camariñas poxou o ano pasado -con datos provisionais, non definitivos- preto de 4.200 toneladas de produtos do mar, o que sitúa o 2019 como o terceiro mellor ano desde 2009 en canto a mercadoría recibida. Esas vendas supuxeron unha facturación de case 4,4 millóns de euros.
Mentres, no caso de Camelle, o balance provisional é de 13 toneladas descargadas e máis de 96.000 euros ingresados, a segunda maior facturación desde 2011.

Xuntanza da Conselleira do Mar cos confraría Camelle
A Conselleira tamén visitou a Lonxa de Camelle

Novas relacionadas

Comentarios