Comezaron as obras de reparación do tellado da lonxa de Camariñas
Aínda este luns os Bombeiros de Cee, ante o novo temporal de vento, tiveron que acodir a Camariñas para sacar varias planchas do tellado da lonxa de Camariñas. Unhas planchas que comezaron a voar polos aires a raíz do temporal Elsa, provocando que ata chovese dentro da confraría.
Pero parece que a cousa se vai solucionar pronto pois a Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, xa puxo en marcha as obras da reparación da cuberta. Cun orzamento de 110.000€, a Xunta tramitou as obras con premura, e as obras contan cun prazo de execución de dous meses, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.
Ademais do acondicionado da cuberta, incluiranse os elementos de illamento da cuberta así como a reparación dos danos causados no interior pola entrada de auga e que afectan ao normal funcionamento da instalación.
Novas relacionadas
- A Xunta comprométese a axilizar as melloras da Lonxa e coa fábrica de xeo de Camariñas.
- O Concello de Camariñas esixe a cesión da Lonxa Vella por parte da Xunta para albergar o Museo do Mar.
- Decembro 19: O temporal Elsa deixa estampas tremendas e cifras de récord.
- Outubro 2019: Chove na confraría.
- Novembro 2018: Fábrica de xeo ou fábrica de fume para Camariñas.