Os compoñedores/as, un saber en perigo de extinción

07:55 27/01/18

Compoñedores da Costa da Morte
Pola zona temos varios dos últimos compoñedores que quedan en Galicia. Por Baíñas falan de Presiosa do Quintanexo, que vai camiño dos 90 anos. Manolo é o compoñedor de Sísamo (Carballo) un dos que máis traballan por Bergantiños. Por Santa Comba botan dende menos a Juanito o taxista, e teñen que ir ata a Silva ou ata Santaia (Ordes) onde aínda exerce Carmen. Por Camariñas tamén se lembran de Estrella de Cándido, coñecida como a “compoñedora de Buría”, que ten mesmo unha rúa ao seu nome no lugar do Outeiro. Tamén estaba Eduardo Muñiz, “compoñedor de Liñeiro” (Cances, Carballo), que morriu hai 10 anos. “Viñan de toda a volta, torceduras, cousas fóra do sitio, e mesmo había médicos que mandaban xente para aquí”, cóntanos o coñecido literato Miguel Anxo Calvo, xenro de Muñiz. ”Eu non aguantaba nada, eu era moi malo, pero el colocaba moi ben”. Por Pereiriña (Cee) tamén estaba o Labracho, e por Xerne (Baio, Zas), recoñecen que era moi bo no seu oficio o "Cheverri", da Casa do Cotelo.O Compoñedor de Caberta
E por Muxía, un dos máis coñecidos nas comarcas de Soneira e Fisterra, e que aínda está en activo, é Pepe do Allo, o Compoñedor de Caberta. Pepe “herdou" de seu pai o oficio, o seu pai tamén era Allo, o Allo de Salgueiros. Aos seus 75 anos un accidente hai unhas semanas deixouno bastante tocado polo que, por agora, non pode exercer. Pepe leva máis de 50 anos curando xentes (e animais tamén) de toda a comarca, pero tamén de Barcelona, de Ferrol, de Madrid… Non ten coche (no accidente el ía de acompañante), e a xente viaxa ata Caberta para tratarse. Estudiou pola súa conta dende os 12-13 anos ao tempo que ía traballar por “un miserable xornal”, e lamenta que a día de hoxe “non hai relevo, a xente xove non se quere mortificar por nada, e o que non se mortifica non pode ter”. Aquí o vemos curar a unha muller do Pindo, mentres colle cita para ir ver unha vaca na terra dos Xallas, nunha escena gravada hai uns anos por David Trillo Gallego.Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).