Venres. 26.04.2024
El tiempo

Coñecendo Camariñas a través do Instagram

Coñecendo Camariñas a través do Instagram
Premio do Concurso Instagram de Camariñas de Jose Carlos Díaz. Trátase dunha caseta de pescadores en Santa Mariña

Novedoso o Concurso de Fotografía de Camariñas a través das redes sociais. Camarinasmasmar sérvese da rede, concretamente do Facebook e do In para promoción dos recursos turísticos do concello.

Tódalas semanas o tribunal do concurso premia unha foto das presentadas ata ese momento, en cada unha das redes. Ao final do concurso seleccionarase un primeiro e segundo premio entre as presentadas (incluídas as premiadas semanalmente) de entre as dez máis votadas co “me gusta” polo público de cada rede.

Os premiados en facebook nestas tres primeiras semanas foron:

  • Daniel Ríos. Foto de Cabo Vilán- Costa da Morte.
  • Mª Encarnación Albarrán Alvarez. Faro Vilán nocturno.
  • Javier Varela. Neno comendo pan nas festas de Camariñas.

Na rede de Instagram só se ten premiada a fotografía de:

  • Jose Carlos Diaz Martí, de Valencia, coa fachada de caseta de marineros en Santa Mariña.

Premios

Todos recibirán unha bolsa agasallo composta de unha camiseta promocional “Camariñas o mar todo”, dúas entradas gratuítas para visitar o Museo de Encaixe e a Mostra de Encaixe do próximo ano e unha visita guiada para dúas persoas polo Concello. Ademáis e por gentileza de Conservas Boya recibirán un paquete de produtos desta prestixiosa marca de Camariñas.

O primeiro premio que se dará ao final do concurso consistirá ademais desta bolsa-agasallo, de dúas noites en un aloxamento de Camariñas e dunha comida ou cena para dúas persoas nun restaurantes do Concello. O segundo premio consistirá na bolsa-agasallo e unha cea ou comida para dous persoas nun restaurante de Camariñas.<(p>

Prazo

Hai tempo abondo. O 21 de outubro rematará o concurso e para participar en facebook debese perdir amizade en facebook.com/camarinastodomar, subir a foto etiquetandoa con Camarinas Mar e identificar o lugar de Camariñas no que se realizou a fotografía. Para participar na rede Instagram debe facerse seguidor de @camarinasmar e etiquetar a foto co hastag #camarinasmar.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Camariñas.

Comentarios