Martes. 16.04.2024
El tiempo

Critican a repotenciación do Parque Eólico do Cabo Vilán

Critican a repotenciación do Parque Eólico do Cabo Vilán
Parque Eolico e piscifactoria do Cabo Vilan

Estaba o debate da liberación do Cabo Vián aberto, pero parece que se pechou a base de repotenciación. Non sae mal parada esta zona en Rede Natura, pois a contorna do Cabo Vilán pasará de ter 22 dos vellos viraventos (23 anos en marcha) a só 2 dos máis modernos e potentes.

Outra zona que tamén se verá afectada por esta repotenciación será o parque de Pemalsa en Malpica, que trocará os seus 69 muíños por só 7.

Se ADEGA xa falara da liberación do Cabo Vilán, a día de hoxe é a Sociedade Galega de Historia Natural a que saltou a alarma polos posibles “erros, contradiccións, vaguidades, opacidades e eufemismos para escurrir o bulto” do Estudo de Impacto Ambiental.

”Resulta francamente moi difícil de entender como para instalar 2 novos aeroxeneradores non se poida aproveitar ningún dos emprazamentos dos 22 aeroxeneradores aos que substituirán e se pretenda destruir máis superficie dun hábitat prioritario”, denuncia a SGHN.

Por cousas como estas, cousas como a afección á fauna protexida, a SGHN pide “que se desbote totalmente o proxecto e o Estudo de Impacto Ambiental na súa redacción actual”. Mapa da repotenciación do parque eólico do Cabo Vilán-Fonte-SGHN

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios