Domingo. 07.06.2020
El tiempo

De ruta coas mariscadoras de Camariñas

De ruta coas mariscadoras de Camariñas
As mariscadoras de Camarinas de ruta turistica

Que ben están funcionando as novas rutas de turismo mariñeiro coas mariscadoras de Camariñas. Un novo produto turístico, que serve como alternativa económica para este grupo de profesionais do mar, que veñen de desenvolver no marco do proxecto “Camariñas. O Mar todo”.

Dende mediados de agosto, os profesionais do mar de Camariñas están poñendo en práctica o aprendido durante as Xornadas de Turismo Mariñeiro ás que asistiron durante o pasado mes. E as cifras avalan a oferta, xa que durante estes dous meses nos que se levou a cabo a actividade de rutas guiadas porlas mariscadoras no Ariño foron case 300 as persoas que quixeron aprender como é o noso mar da man dos que mellor o coñecen.

Foron os propios mariñeiros e mariscadoras os que deseñaron unha ruta consistente en catro actividades guiadas polos propios traballadores do mar, e eles mesmos son os encargados de amosarllelos tesouros do mar aos visitantes.

Un percorrido pola arquitectura tradicional marinera, a recreación dunha poxa cantada na lonxa, o descubrimento de distintas artes do pesca e o achegamento ao marisqueo son as actividades que agora se perfeccionan para poñer en funcionamento esta ruta a curto prazo.

Numeroso publico nas saidas coas mariscadoras de Camarinas

Os mariscadores, os protagonistas

Manolo Jaqueline e Amalia nas rutas por Camarinas

E aí os tedes, falando ata para a TVG, aos Jacqueline, Manolo ou Amalia.
Jacqueline Lista, patroa de embarcación tradicional dedicada a artes de pesca menores, neste caso a nasa e o palangre, explicou como se traballa coa nasa e como se larga o aparello no mar para pescar principalmente polbo.
Manolo acudiu a Camariñas para recrear na lonxa unha poxa cantada tradicional, como as que aínda se seguen realizando noutras vilas da Costa da Morte.
E pola súa banda, a patroa e mariscadora Amalia González fixo un recorrido pola zona de marisqueo do Ariño, explicando as especies que se recollen, o tipo de vestimenta utilizada e as ferramentas empregadas.

Máis información

O servizo está a piques de rematar, se ben este sábado 27 de setembro e o vindeiro sábado 4 de outubro tamén farán a ruta, pero xa se colgou o cartel de completo para estas dúas saídas.

En todo caso, as rutas pódense seguir facendo ao longo do ano sempre que sexan visitas de grupos e previamente concertadas. Poden contactar e facer as reservas a través de [email protected] ou no 981737204. Ou pasando polo Punto de Información Turística de Camariñas (Paseo Marítimo) ou na Casa de Pedra (Praza de Insuela S/N de 8 a 14 h.)

Novas relacionadas

comentarios