Xoves. 30.05.2024
El tiempo

Desarticulado un “grupo criminal” especializado en roubo de ferramentas de traballo

garda-civil-recurso
Desarticulado un “grupo criminal” especializado en roubo de ferramentas de traballo

O equipo ROCA da Garda Civil de Carballo vén de realizar a desarticulación da Coruña dun grupo criminal implicado, formado por dous homes e unha muller de Ferrol e Camariñas, en máis de 40 roubos de útiles de traballo roubados. O operativo, denominado “TORX”, arrincou en xullo de 2023, no marco dunha vaga de roubos de maquinaria e ferramentas especializadas, tanto en vivendas particulares como en vehículos industriais na zona da Costa da Morte.

A Garda Civil comprobou que eran actuacións coordinadas dunha banda cun modus operandi ben definido, que incluía a venda dos obxectos roubados a través das redes sociais. Os delincuentes, que tamén estaban implicados en roubos en diversas gasolineiras da provincia, caracterizáronse pola súa capacidade para acceder rapidamente aos lugares do roubo, seleccionando obxectos de gran valor e descartando o resto.

A operación desencadeouse cando tres sospeitosos foron detidos in fraganti delito cando intentaban fuxir nun vehículo roubado en marzo na localidade de Fene. A intervención da Policía Local de Carballo permitiu non só a detención dos fuxidos tras unha perigosa persecución, senón tamén a recuperación de numerosas ferramentas presuntamente roubadas.

Os obxectos subtraídos foron valorados en máis de 90.000 euros e o diñeiro subtraído ascende a máis de 10.000 euros. O Equipo ROCA Carballo está en contacto con unidades da Garda Civil das provincias de Lugo e Asturias para investigar posibles conexións con delitos similares nesas zonas, o que podería incrementar considerablemente o número de delitos que se atribúen a esta banda.

  • Os detidos están implicados en máis de 40 roubos na provincia da Coruña.
  • Os obxectos subtraídos foron valorados en máis de 90.000 euros e o diñeiro subtraído ascende a máis de 10.000 euros.

Comentarios