Xoves. 30.05.2024
El tiempo

Deteñen a un malpicán polo roubo da sucursal bancaria da Ponte do Porto

Detido polo roubo no banco da Ponte do Porto
Deteñen a un malpicán polo roubo da sucursal bancaria da Ponte do Porto

O pasado 27 de febreiro a oficina do Banco Santander da Ponte do Porto sufría un roubo, no que o ladrón conseguira levar un total de 44.000 euros, despois de ameazar a novo traballador da sucursal.

Dende aquel día, arrincou Operación Bolu-Dos, da man do Grupo de Patrimonio da Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Garda Civil e o Equipo Territorial desta mesma Unidade con sede en Corcubión.

Xa antes, o 23 de febreiro deste ano, frutrárase o primeiro intento de roubo nunha sucursal da localidade de Esteiro (Muros), onde o presunto autor non puido acceder ao banco xa que se lle impediu a entrada polo único empregado, sendo desconfiado tanto pola actitude como pola roupa que levaba esta persoa.

Durante a fase de instrución recolléronse uha serie de probas que permitiu identificar o presunto autor dos feitos, así como o vehículo utilizado, conseguindo recuperar unha parte importante do botín subtraído. Entre as actuacións realizadas, realizouse un ingreso e rexistro no domicilio do detido autorizado pola Autoridade Xudicial, onde se incautaron de efectos de interese para a investigación.

O detido resultou ser un veciño de Malpica, que xa cumpría condena por feitos similares, aínda que, en terceiro grao, gozaba de liberdades e permisos durante os que se cometeron os feitos esclarecidos.

Agora, como presunto autor dun delito de roubo con intimidación e violencia, e tentativa de roubo en sucursais bancarias da provincia, foi posto a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión, tras prestar declaración, o titular da Audiencia acordou o seu ingreso en prisión sen fianza e notificación.

 

Comentarios